Buscar/Hemeroteca

miércoles, 13 de abril de 2016

Crecemento dun 23,2% do aeroporto de Santiago de Compostela no primeiro trimestre

No mes de marzo, o aeroporto de Santiago tivo 197.386 pasaxeiros, cun aumento do 25,1% respecto do mes de marzo do 2014. É un crecemento que se suma aos aumentos que houbo nos pasados meses de xaneiro e febreiro e que permitiu que no primeiro trimestre se rozase xa o medio millón de pasaxeiros, cun crecemento acumulado do 23,2% respecto ao primeiro trimestre do 2015.

A concelleira de Turismo, Marta Lois, reuniuse co director do aeroporto de Santiago, Ricardo López, para analizar a situación actual da infraestrutura e a súa previsible evolución a curto e medio prazo. 

Na xuntanza, o persoal técnico do aeroporto fixo unha presentación dos datos de pasaxeiros nos primeiros meses deste ano.Tras a reunión, a concelleira de Turismo puido coñecer as instalacións do aeroporto de primeira man nunha visita guiada polo director da infraestrutura. Ambos reafirmaron o seu compromiso de colaboración mutua para o desenvolvemento do aeroporto de Santiago nos vindeiros anos.

No hay comentarios: