Axudas da Xunta para a promción de varios xeodestinos

O Consello da Xunta aprobou a subscrición dos convenios plurianuais de colaboración entre Turismo de Galicia e a Mancomunidade do Salnés, a Mancomunidade dos municipios da Mariña Lucense, o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a Mancomunidade de municipios de Ría de Arousa Zona Norte para a
realización de actividades de promoción e información do turismo nestes xeodestinos.

O obxectivo destas colaboracións é contribuír, a través de actividades relacionadas coa promoción, dinamización e fomento da riqueza e do turismo destes xeodestinos, á potenciación destes territorios como destinos turísticos.

Así, Turismo de Galicia realizará unha achega económica de 760.000 euros -un 18 % máis en relación á achega realizada no bienio 2014-2015- dos cales, 200.000 € irán destinados á comarca do Salnés, 200.000 € á Ribeira Sacra, 200.000 € á ría de Arousa Zona Norte e 160.000 € á Mariña lucense.