Avance da programación das Festas da Ascensión 2016

Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago, destacou que "as festas da Ascensión son as festas da cidade por excelencia, nas que a Concellaría de Acción Cultural, como encargada da xestión integral da programación festiva, presta especial atención aos programas tradicionais, mantendo e reforzando os actos consolidados polo tempo e a aceptación social", ao mesmo tempo que se incorporan algunhas novidades.

As festas arrancarán o mércores 4 de maio co disparo de bombas ás 12:00 horas e a comparsa de cabezudos. O primeiro concerto chegará da man deSantiago 40 Pop, coas actuacións de Efecto Pasillo, Álvaro Soler, Furious Monkey House e o compostelán Fredi Leis. Estará conducido polos DJ’s Tony Aguilar e Paulo Regueiro.

A festa continúa o día da Ascensión, coas actuacións na praza da Quintana de Freed Wesley, Aurora e The Betrayers, unha banda con personalidade propia e influencias que van do rock máis clásico ao soul, pop ou folk norteamericano. Estarán acompañados do xenial trombonista estadounidense Freed Wesley, coñecido sobre todo polo seu traballo con James Brown, cunha carreira de máis de 40 anos e un dos grandes compositores e arranxistas do funk.

Nestas festas manterase a tradición con actividades como a Andaina dos 50 km de Santiago, organizada polo Club Deportivo Fontiñas ou o Trofeo de Ascensión de Ciclismo, que cumprirá a súa décimo oitava edición. O recinto feiral de Amio será tamén un dos enclaves protagonistas ao acoller o tradicional concurso cabalar, puntuable para a XVI Copa Galicia P.R.G. Tamén en Amio celebrarase a XIX Festa para os Maiores, cun xantar e a actuación musicar da Orquestra Alcazar. Terá un prezo de 7 euros.




Este ano, as crianzas serán tamén protagonistas das Festas da Ascensión, cunha programación que encherá de música e cor a praza do Seminario de San Martiño Pinario, onde haberá un espazo escénico creativo que axudará a darlle entidade propia a esta celebración, que se quere achegar aos gustos dos e das máis pequenas da casa.