Torre de Núñez, premio á traxectoria empresarial do Galician Gourmet Extravaganza-Bruselas Tour

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu á familia fundadora da empresa cárnica lucense Torre de Núñez, Manuel Núñez e María Asunción Torre, que veñen de recibir o galardón á empresa de toda unha vida do Galician Gourmet Extravaganza-Bruselas Tour 2016-2017, no apartado de traxectoria empresarial. Trátase dunha feira itinerante de promoción e desgustación de produtos galegos, que busca incrementar a expansión en mercados internacionais dos negocios participantes. 

“Que empresas como Torre de Núñez leven o nome de Lugo polo mundo supón un orgullo para todos os lucenses”; subliñou Méndez ao tempo que facía fincape na traxectoria de Torre de Núñez, que foi fundada hai máis de 50 anos, así como no sacrificio e esforzo dos seus fundadores.