Buscar/Hemeroteca

miércoles, 9 de marzo de 2016

Rematado o acceso ao Castro Alobre en Vilagarcía

O acondicionamento do acceso ao Castro Alobre dende a Rúa Vista Alegre, e Vilagarcía, douse por rematado tras concluirse os traballos de ornamentación vexetal. O cambio de imaxe é notorio posto que, ademais da mellora das condicións de accesibilidade dos dous camiños e do cambio da escaleira de madeira por outra de aceiro cortén, o acceso conta con iluminación propia na propia escaleira e ao longo do muro de pedra do colexio.

Os traballos aportan ademais o valor engadido da estética, posto que o coidado acabado que se lle dou ao firme –formigón en láminas tratado para darlle aspecto oxidado- combina coas escaleiras de aceiro cortén e o conxunto ornaméntase con especies vexetais tanto ao pé da escaleira como na parte superior do murete lateral cuxa altura se rebaixou para aportar máis visibilidade. 

O custe da obra realizada ascendeu a 50.000 euros que se financiaron con remanentes de obras realizadas con fondos provinciais no municipio.

No hay comentarios: