Buscar/Hemeroteca

lunes, 14 de marzo de 2016

Galicia participa no "Salon Mondial du Tourisme"

París acollerá a 41ª edición do certame Salon mondial du Tourisme e Turismo de Galicia participará por primeira vez nel para promover a oferta turística galega e as principais novidades do destino Galicia para o ano 2016 nun dos principais mercados emisores para a Comunidade galega.

O Salon mondial du Tourisme de París, celebrarase entre os días 17 e 20 de marzo no recinto Parc des expositions Porte de Versailles e nos últimos anos tense convertido nun dos principais certames turísticos de Francia, canto á afluencia de público e concorrencia de operadores turísticos.

Así, Turismo de Galicia participará nesta feira cun recinto dentro do apartado dedicado a España desde o que difundirá os valores turísticos da Comunidade galega e manterá reunións cos axentes de viaxes deste importante mercado emisor.

Dada a importancia do mercado francés, e ao obxecto de manter a presenza da oferta galega nos seus distintos segmentos en Francia, Turismo de Galicia participa ao longo do ano nos principais eventos turísticos que se desenvolven no país veciño, entre os que salientan o Salón Náutico de París ou a feira especializada en termalismo Thermalies.

No hay comentarios: