O Botelo de O Barco chega a Vigo

A Festa do Botelo do Barco de Valdeorras chega a Vigo por segundo ano este sábado, día 5 de marzo. O lugar desta nova edición será o restaurante do Hotel Coia ao igual que na celebración do ano pasado. O Concello do Barco de Valdeorras (Ourense) está organizando esta nova festa do Botelo na cidade olívica para continuar coa difusión do produto rei do inverno valdeorrés. 
O botelo, consistente no estómago do porco recheo de costelas adubadas, afumado e que se consume cocido, está acadando un gran recoñecemento e difusión fora das terras valdeorresas. A comida comezará ás 14:30 horas ca tradicional sopa de cocido e a típica empanada de maravallas. O prato principal terá ao botelo como protagonista, acompañado de cachelos, chourizos e verdura. 

Para a sobremesa haberá bica e actuación musical e para acompañar a comida estará o viño tinto da Cooperativa Xesús Nazareno de O Barco. A comida custa 25 € por persoa e as reservas xa se poden facer mediante o pago nun número de conta que o restaurante ten aberto. 

Esta Festa de Interese Turístico de Galicia dende o ano 2014 celebrou o pasado día 23 de xaneiro a súa décimo sexta edición na vila do Barco. O pasado día 20 de febreiro celebrouse a III edición da festa na Coruña e a rolda de promoción remata en Vigo este sábado. Todas as actividades atópanse especificadas na web www.fest