Mexillón de Galicia gaña a batalla xurídica á conserveira Javimar

Unha sentenza da Audiencia Provincial de Pontevedra acaba de a razón ao Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia a nun caso de competencia desleal. O fallo, que é firme e crea xurisprudencia, constitúe un sólido recoñecemento da posición da dita marca como única garante da orixe e a calidade do Mexillón de Galicia.

Este caso iniciouse en outubro de 2014, cando a DOP presentou unha demanda ante o Xulgado do Mercantil de Pontevedra contra a empresa Javimar por competencia desleal. Esa infracción tiña que ver co uso nos envases de mexillón da citada conserveira de mencións relativas á orixe do bivalvo. Así, aparecían mencións como “de las Rías Gallegas”, “elaborado en Galicia” ou “envasado en Galicia”, cando ese produto non contaba coa certificación da DOP Mexillón de Galicia.

O 15 de xullo de 2015, o Xulgado do Mercantil emitiu o seu fallo dando a razón á DOP e instando á demandada a retirar do mercado todos os envases, material publicitario ou calquera outro documento no que constasen as frases antes referidas. Ademais, impúxolle 15.000 euros de sanción por danos e prexuízos.

Javimar presentou o correspondente recurso sobre o que agora se pronunciou a Audiencia de Pontevedra. E tal pronunciamento foi de novo favorable ás teses defendidas pola DOP na demanda inicial. Por tanto, rexeita o recurso da conserveira e ratifica integramente a sentenza do Xulgado do Mercantil y reforza o alcance da DOP Mexillón de Galicia e a protección aos consumidores.

Pero ademais, este fallo adquire unha nova dimensión ao ter carácter firme e crear xurisprudencia, o que comporta de forma implícita unha maior seguridade xurídica para os consumidores, que van a ver reforzados os seus dereitos a una información veraz acerca dos produtos que adquiren, e, a maiores, obriga á Administración a facer cumprir a lei, aspecto este manifestamente mellorable.