Máis peregrinos invernais

Un ano mais as cifras do Camiño de Santiago están a demostran que é a Ruta Xacobea está en auxe e plena actualidade. A Oficina de Acollida ao Peregrino rexistrou entre o 1 de xaneiro ao 1 de marzo un total de 3.070 peregrinos que recolleron a Compostela tras teren percorrido 100 quilómetros dalgunhas das Rutas Xacobeas. Isto supón que nos dous primeiros meses de 2016 se superou a cifra rexistrada no último Ano Santo 2010, cando o total dos peregrinos acadou neste período de tempo os 2.832 peregrinos.

A cifra de peregrinos recibida en xaneiro e febreiro en comparación co mesmo período de 2015 alcanzou unha suba do 8,61%, recibindo 241 peregrinos máis que entre o 1 de xaneiro e o 1 de marzo do ano pasado.

Os espectaculares resultados obtidos este ano no que respecta ao crecemento na cifra de peregrinos que se veu rexistrando ao longo deste ano demostra que o Camiño de Santiago é a nosa icona máis universal, o noso principal produto turístico e a nosa carta de presentación a nivel internacional.

Nos dos primeiros meses do ano, chegaron a Compostela un total de 1.269 peregrinos procedentes do territorio español, isto é, o 41,74% dos peregrinos.Así, os peregrinos estranxeiros sumaron un total de 1.771, representando o 58,26% do total que chegaron a Santiago neste período.