Lugo acolle unha nova edición do Salón do Automóvil

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle este fin de semana o XI Salón do Automóbil, a feira de vehículos de referencia na provincia e en Galicia. O Concello colabora con este salón dirixido a dinamizar o mercado automobilístico, posto que se enmarca na aposta da entidade local polos sectores estratéxicos da cidade, como é o comercio que representa o 14% do PIB e o 16% dos postos de traballo no municipio.

En anteriores edicións desta cita vendéronse máis de 170 vehículos, acadándose un volume de negocio que supera os 2 millóns de euros, e recibindo a visita de máis de 10.000 persoas, o que demostra a gran aceptación que supón este certame. 

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo convértese así no mellor lugar para comprar vehículos do 11 ao 13 de marzo, e o no mellor sitio indicado para atopar os mellores automóbiles de ocasión, do 18 ao 20 de marzo, no que se porán á venda máis de 250 vehículos, estando representados o 90% dos concesionarios de Lugo, cun total de 31 marcas.