Buscar/Hemeroteca

miércoles, 16 de marzo de 2016

Formación itinerante nos Camiños

O Programa de Formación no Camiño de Santiago da Escola de Turismo Itinerante do Centro Superior de Hostalería de Galicia, que acaba de ser presentado, inclúe un total de 25 xornadas de formación da Escola de Turismo Itinerante no Camiño Francés e no Camiño Fisterra- Muxía que terán lugar en Sarria, Melide, Santiago e Fisterra e dous programas “Anfitrións de Turismo: Cultura do Detalle” no Camiño Primitivo e no Camiño do Norte.

Nas xornadas traballarase cos albergues públicos e privados e aloxamentos do Camiño, así como a restaurantes na atención, información e servizo ao peregrino, na xestión do departamento de recepción, nas novas tecnoloxías así como, na posta en valor do Menú do Peregrino no Camiño.

O obxectivo é mellorar o servizo e a calidade na acollida aos peregrinos nos aloxamentos turísticos, incrementar o posicionamento na rede e dar a coñecer a plataforma Smart Camiño e fomentar o produto autóctono.

Pola súa parte, os programas ‘Anfitrións de Turismo: Cultura do Detalle’ estarán destinados a persoal en contacto co cliente do Camiño do Norte e a propietarios e mandos intermedios do Camiño Primitivo.

A presentación deste programa de formación no Camiño de Santiago estivo enmarcada na xornada de Innovación e Comercialización ‘Boas prácticas na Hostalería’ organizada pola Escola de Turismo Itinerante (ETI) do Centro Superior de Hostelería de Galicia como punto final do plan de formación para empresas hostaleiras que xestionou ao longo do 2015 en xeodestinos como a Ribeira Sacra, Costa da Morte, Arousa Norte, Muros-Noia ou a Mariña Lucense.


No hay comentarios: