Cinco novas Festas de Interés Turístico Galego

O Consello da Xunta aprobou a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Feira do Queixo do Cebreiro (Lugo), a Xuntanza Internacional de Gaiteiros de Monterrei (Ourense), o Entroido de Vilariño de Conso (Ourense), a Feira do Viño do Rosal (Pontevedra) e a Festa do Viño do Condado do Tea (Pontevedra).

A nosa comunidade incorpora, así, cinco novas celebracións ás súas festas de interese turístico autonómico coas que xa suma un total de 113, ás cales hai que engadir as oito festas declaradas de interese turístico internacional e as doce que contan coa declaración nacional.

Estas declaracións son as primeiras outorgadas tras a aprobación do novo decreto para a regulación da declaración de festas de interese turístico de Galicia, unha normativa máis esixente que incrementou a antigüidade mínima para acreditar o enraizamento da festa e incorporou novos requisitos e criterios de valoración coa finalidade de conceder ás declaracións un recoñecemento e prestixio que se corresponda coa importancia actual da distinción.