Asemblea dos Municipios do Camiño en 2017 en Santiago

santiagodecompostela.org
A Asociación de Municipios do Camiño de Santiago celebrou unha Asemblea ordinaria para aprobar o seu orzamento e as cotas dos seus membros. O alcalde compostelán, Martiño Noriega, aproveitou a súa intervención para mostrar a súa satisfacción pola creación desta Asociación, e agradecer o traballo dos que a puxeron en marcha. O rexedor insistiu na importancia do Camiño "que fixo de Santiago unha cidade sempre coas portas abertas, plural e diversa".

Martiño Noriega propuxo que a II Asemblea da Asociación de Municipios Amigos do Camiño de Santiago se celebre en 2017 en Compostela, "por ser a cidade que é o punto de chegada da ruta xacobea e a que lle da sentido a este grupo". A petición foi aceptada por unanimidade.

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago quedou constituída en novembro de 2015 coa participación de Canfranc, Jaca, Santa Cilia, Sangüesa, Puente La Reina, Estella, Los Arcos, Logroño, Navarrete, Nájera, Santo Domingo de la Calzada, Viloria, San Juan de Ortega, Burgos, Castrojériz, Frómista, Carrión de los Condes, Sahagún, Mansilla de las Mulas, León, Hospital de Órbigo, Astorga, Ponferrada, Molinaseca, Sarria, Paradela, Portomarín, Palas de Rei, Melide e Santiago. A entidade conta co respaldo dos Ministerios de Fomento e Educación, Cultura e Deporte; a Federación Española de Municipios e Provincias, a Fundación ONCE, Turespaña e a ACIR Compostelle de Toulouse. No proxecto tamén se implicaron algunhas empresa privadas, que exercerán como patrocinadoras e colaboradoras para proxectos específicos que poña en marcha o grupo.