
Así, a responsable de Turismo da Xunta e o nutrido grupo de representantes do sector mantiveron numerosas reunións e encontros con diversos operadores turísticos e axentes de viaxes co fin de establecer novos contactos comerciais.
O obxectivo é aproveitar a participación neste certame profesional, un dos máis importantes da industria turística a nivel mundial, para difundir a oferta turística galega no segundo mercado emisor máis importante para Galicia.
O pasado ano 2015, o mercado alemán incrementou os seus viaxeiros a Galicia nun 23%, rexistrando máis de 157.000 viaxeiros, e as súas pernoitas nun 22%, sumando preto de 240.000.
No hay comentarios:
Publicar un comentario