A Xunta visibiliza o turismo ornitogóxico galego en FIO

A Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia, participará por sexto ano consecutivo na Feira Internacional de Ornitoloxía, FIO, o certame do Turismo ornitolóxico máis importante de España, que se celebra ata o domingo día 13 no Parque nacional de Monfragüe, Cáceres.

Os visitantes e profesionais que se acheguen ata o stand de Turismo de Galicia poderán coñecer os 61 espazos de alto interese ornitolóxico identificados na nosa comunidade e distribuídos por todo o seu territorio.

Estes espazos están clasificados segundo os hábitats, e deste xeito podemos atopar zonas de litoral e mar aberto; áreas agropastorais; canóns e vales fluviais, áreas montañosas e boscosas; humedais interiores e contornas urbanas.

Especial protagonismo terán as 10 áreas identificadas como as zonas de alto interese ornitolóxico, que son: Estaca de Bares e O Barqueiro; ría de Ortigueira e Ladrido; Costa da Morte; Complexo Ons- O Grove; Humedais da Terra Chá; Montes de Cervantes (Os Ancares); Ribeira Sacra Sur (Canón do Sil), Serra da Enciña da Lastra; A Limia; Oímbra, Monterrei e Verín.