Buscar/Hemeroteca

jueves, 4 de febrero de 2016

Santiago de Compostela na serie documental en 4K "Cidades españolas Patrimonio da Humanidade"

La serie documental en 4K Cidades españolas Patrimonio Mundial, que se emitirá nas canles de televisión de RTVE e en RTVE.es, mostrará a riqueza histórica e cultural das 15 cidades de España declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO. 

Asinado o convenio de colaboración para comezar este ano a produción da serie.pola Corporación e o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, o capítulo sobre Santiago de Compostela gravarase durante o 2016.

Como consecuencia desta firma entre o presidente de RTVE, José Antonio Sánchez, e o alcalde de Ávila, José Luis Rivas, na súa condición de presidente do Grupo de Cidades, RTVE producirá a serie Cidades españolas Patrimonio Mundial, que constará de 15 capítulos dunha hora de duración, cada un deles dedicado a unha das cidades que compoñen o Grupo e rodados en Ultra Alta Definición (UHD 4K).

RTVE producirá tres episodios en 2016 e, cada ano, realizará un máximo de catro capítulos ata chegar a 15 a finais de 2019. A orde de gravación das cidades será cronolóxico, segundo o ano no que cada unha recibiu a distinción. 

Deste xeito, os documentais de Santiago de Compostela, Ávila e Segovia, recoñecidas en 1985, serán gravados neste mesmo ano 2016. Logo será a vez de Cáceres e Toledo (1986), Salamanca (1988), Mérida (1993), Córdoba (1994), Cuenca (1996), Alcalá de Henares (1998), Ibiza e San Cristóbal de la Laguna (1999), Tarragona (2000), e Baeza e Úbeda (2003).

No hay comentarios: