Quince empresas galegas participan na Biofach de Nüremberg

Un total de 15 empresas galegas do sector dos produtos ecolóxicos presentan estes días a súa oferta na Feira Biofach de Nüremberg (Alemaña). O Craega está presente neste certame cun espazo expositivo de 45 metros cadrados situado no Pavillón 5, no que se localizan a maioría das comunidades españolas. Para asistir a este certame, o Consello Regulador contou cunha achega da Administración autonómica, con cargo á Orde de axudas para a promoción dos produtos agroalimentarios.

No espazo expositivo do Craega están presentes 5 empresas. Trátase de Porto-Muíños, dedicada á elaboración de algas e outros produtos transformados, Galletas Daveiga, coas súas Galletas mariñeiras, Mieles Anta e Pazo de Lusío, con meles e outros produtos apícolas, Dime Salnés, produtor e distribuidor de mexillón e Mariscos Veiro, procesador de mexillón.

Tamén asisten a esta feira, fóra xa do stand do Craega, firmas como Camperos Villalba (ovos), Hifas da Terra (cogomelos), Casa Grande de Xanceda (lácteos) e outras de ámbitos como a produción e comercialización de mazás ou cervexa. 

A feira Biofach de Nüremberg iniciouse o pasado mércores e clausurarase mañá sábado. Está considerada como unha das máis importantes no seu sector e na pasada edición contou con máis de 44.000 visitantes profesionais de 136 países e cun total de 2.344 expositores. alicia (Craega), para trasladarlles o apoio da Xunta ás súas actividades de promoción.

O Craega está presente neste certame cun espazo expositivo de 45 metros cadrados situado no Pavillón 5, no que se localizan a maioría das comunidades españolas. Para asistir a este certame, o Consello Regulador contou cunha achega da Administración autonómica, con cargo á Orde de axudas para a promoción dos produtos agroalimentarios. 