Buscar/Hemeroteca

viernes, 12 de febrero de 2016

O Mel de Galicia no Camiño de Santiago

O Consello Regulador Mel de Galicia vai a desarrollar unha interesante Cata/Degustación emulando un percorrido pola historia dos pasiños que percorreu o mel no Camiño de Santiago.
 
Este percorrido histórico-gastronómico do Mel de Galicia na peregrinación terá lugar o vindeiro xoves 18 de febreiro na Horta D`Obradoiro, en Santiago de Compostela e estará conducido polo xornalista Manuel Gago, e a técnica do Consejo Regulador,  Beatriz Ríos Cebreiros, que dirixirán a cata guiada.

Os chefs anfitrións, Kike Piñeiro (Premio Nacional de Gastronomía 'Salvador Gallego 2011) e Eloy Cancela son os encargados de orquestrar unhas receitas con Mel de Galicia e maridalas con alimentos típicos do Camiño de Santiago para que as poidan apreciar os convidados. 

Para a preparación das receitas vanse a empregar as meles gañadoras na Cata Oficial do Mel de Galicia 2015, organizada pola Consellería de Medio Rural.


                                            

No hay comentarios: