O Centro de Adestramento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño xa é internacional

O Centro de Adestramento de Remo de Laias, Arnoia e Castrelo de Miño acolle nestes días a representantes das federacións de Francia, Bulgaria e Bielorrusia, o que motivou a vista a estas instalacións da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. E alí fixo referencia aos diversos convenios de colaboración entre Turismo de Galicia e o INORDE para a promoción internacional deste centro de adestramento de primeiro nivel.

Froito dos ditos acordos difundiuse o centro de remo en eventos internacionais como o Mundial de piragüismo en Amsterdam, as Copas do Mundo de Remo de Posnan (Polonia) e de Lucerna (Suíza) ou no Mundial de Aiguebelette (Francia), entre outros.

A responsable de Turismo da Xunta salientou que o turismo deportivo é un dos atractivos da nosa comunidade autónoma xa que “existen unhas condicións envexables para a práctica de numerosas actividades, dende os deportes tradicionais ata os deportes extremos e os náuticos”.

Nava Castro resaltou que a gran riqueza que ten Galicia para a potenciación do remo é a combinación das infraestruturas necesarias para albergar un centro de concentración de referencia e dos beneficios do termalismo a través dos seus balnearios. fan da nosa comunidade un destino turístico perfecto para o adestramento ao mais alto nivel. “Con todo, este centro reúne todo o necesario para que Galicia sexa un destino turístico perfecto para o adestramentoao máis alto nivel”, afirmou.