Cultura e gastronomía con viños da Ribeira Sacra este xoves en Lugo

Todos aqueles que se acheguen este xoves o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) poderán escoller entre asistir á cata literaria da lancaresa Rocío López ou á representación teatral de El Eunuco, enmarcada dentro da programación da XVI Mostra de Teatro Clásico do Auditorio Municipal Gustavo Freire.

Na cata literaria, literatura e gastronomía lucense acompañada de viño da Ribeira Sacra. Como en anteriores ocasións, as librerías da cidade porán á disposición dos asistentes no MIHL a bibliografía do escritor protagonista para que os asistentes poidan mercalos e asinalos polo propio autor.

A XVI Mostra de Teatro Clásico ofrecerá tamén gastronomía, xa que 9 restaurantes da cidade crearán unha tapa inspirada nas obras teatrais que se representarán no auditoiro, e que se poderán degustar entre o 11 de febreiro e o 12 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ullas, Restaurante Campos, La Encina, Mangiarte, Manuel Manuel e Paprica.

As entradas están dispoñibles na páxina web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio MIHL para ambas actividades. Para a mostra de teatro, no Centro de Interpretación da Muralla e no mesmo auditorio, unha hora antes do comezo do espectáculo.