Catro alumnas do CSHG participan na EmCup, The European Mise en Place Cup

Flavia Braña, Paloma Fidalgo, María del Carmen Barreiro e Laura Piteira, que están a cursar o último curso do Diploma Superior en Xestión en empresas hostaleiras, son as catro alumnas que  representan ao Centro Superior de Hostalería de Galicia na EmCup, The European Mise en Place Cup, que ten lugar en Maastricht, nos Países Baixos.

Trátase dunha competición internacional de xestión hoteleira na que participan os alumnos das mellores escolas de Europa e que pretende que afloren ideas e experiencias que axuden a mellorar o sector; e na que o CSHG participa por cuarto ano consecutivo.

EmCup reúne así aos estudantes máis destacados, cun gran espírito empresarial e un alto nivel de compromiso de máis de 15 escolas europeas ofrecéndolles a oportunidade de mostrar a súa visión e as súas ideas.

Os obxectivos desta competición internacional son construír relacións, proporcionar unha experiencia práctica, ampliar o horizonte para a educación, construír unha ponte entre os estudantes e os empregadores e  vincular aos mozos profesionais á industria.