A Praza de Abastos de Lugo reabre hoxe

Este mércores a Praza de Abastos de Lugo reabre ao público tras as obras de colocación do novo solo. Según aclarou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, o recinto será accesible na súa totalidade, excepto o corredor das peixerías. Os sete establecementos dedicados a esta actividade abrirán o xoves, cando o solo quede completamente seco.

O proxecto, que ten un orzamento de 1 millón de euros, financiados ao 80% pola Unión Europea a través do Plan Urban, contempla a liberación do espazo central da primeira planta, abrindo dous ocos no eixo transversal, para lograr unha maior visibilidade de todo o interior do edificio e ampliar as zonas de tránsito co obxectivo de adaptar a superficie comercial dispoñible á demanda, eliminando o efecto negativo que provocan os postos sen actividade e incrementando o seu atractivo e accesibilidade.

Unha das principais intervencións será a comunicación da Praza de Abastos co párking soterrado de Santo Domingo, o que permitirá dotala dunha zona de aparcamento. A conexión farase mediante un corredor. A creación deste acceso permitirá ademais poñer en valor os restos da calzada romana que se descubriron nas escavacións para construír o túnel.