Buscar/Hemeroteca

viernes, 12 de febrero de 2016

A Feira do Viño do Ribeiro quenta motores

A organización da Feira do Viño do Ribeiro, que este ano alcanza a súa 53ª edición, terá lugar os vindeiros días 29 e 30 de abril e 1 de maio de 2016, no recinto da Alameda, en Ribadavia (Ourense), levou a cabo unha reunión na que participaron adegas e colleiteiros para informarlles de todas as actividades e novidades do próximo evento.

Comunicóuselles que ata o día 12 de febreiro (incluído) permanecerá aberto o prazo de inscrición para poder participar na Feira do Viño do Ribeiro con stand propio. Ante o alto interese amosado polo sector, a organización quere destacar que a inscrición será por rigorosa orde de chegada ata que se cubran as prazas ofertadas, tanto para adegas como para colleiteiros.

A inscrición da dereito, entre outras cousas, a poder participar na Cata Popular da FVR, organizada polo CRDO Ribeiro, na cal só poden facelo aquelas adegas ou colleiteiros que asistan á feira.

No hay comentarios: