Buscar/Hemeroteca

domingo, 17 de enero de 2016

O xaneiro feiral de Turismo de Galicia

Turismo de Galicia iniciou esta semana a campaña de promoción internacional do ano 2016 coa presentación da oferta turística galega en Holanda, na feira Vakantiebeurs de Utrecht, na que presentou as principais novidades deste ano, en xeral, e o Camiño de Santiago e o turismo náutico, en particular.

Esta feira constitúe unha oportunidade para promover os recursos e servizos turísticos galegos máis destacados, sobre todo os relacionados coa natureza, nun dos mercados emisores máis esixentes e con máis capacidade para viaxar de toda Europa.

Turismo de Galicia ten previsto participar ao longo deste mes nas feiras FITUR, MATKA, Thermalies e Holiday World. Así, entre os días 20 e 24 de xaneiro, a Comunidade galega participará de xeito global na feira FITUR 2016, de Madrid, un dos certames turísticos máis importantes de mundo e un dos mellores escaparates para a promoción turística de Galicia ao comezo do ano.

Neste ámbito, Turismo de Galicia tamén estará no Carrousel du Louvre, en París, para promover o turismo termal galego no certame Thermalies entre os días 21 e 24 de xaneiro, así como na feira MATKA de Helsinki, tamén nas mesmas datas.

Por último, este mes de xaneiro, Turismo de Galicia participará na feira Holiday World, de Dublín, para difundir os valores turísticos galegos entre o público irlandés, entre os días 22 e 24.



No hay comentarios: