Buscar/Hemeroteca

lunes, 11 de enero de 2016

Mesa de traballo para potenciar os Camiños ao seu paso por Lugo

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, e o Deputado de Promoción Turística e do Territorio, Eduardo Vidal Baamonde, mantiveron un encontro coa directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, no que acordaron a creación dunha mesa de traballo para potenciar os Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia de Lugo.

A creación desta mesa inclúese dentro do Plan Director e Estratéxico do Camiño de Santiago 2015-2021, que pretende definir as liñas xerais e actuacións prioritarias para atender, con criterios de excelencia, ao Peregrino do ano 2021.

A proposta que Turismo trasladou á Deputación de Lugo foi que nesta mesa de traballo participasen Xunta, Deputación e Concellos, e que se encargue de definir as actuacións a levar a cabo nos Camiños Norte e Primitivo, xa que o Francés está actualmente xestionado pola mancomunidade de Municipios deste Camiño.

Darío Campos propuxo que a mesa fose máis participativa, integrando nela a axentes privados e públicos da zona, por exemplo asociacións ou establecementos. Asimesmo, tamén considerou que debía haber, canto menos, un representante da mancomunidade do Camiño Frances.

No hay comentarios: