Lugo e A Coruña entre os destinos máis económicos de España para viaxar en xaneiro

www.trivago.es, que conta con máis de 3 millóns de seguidores nas redes sociais e que opera en máis de 20 países, vén de declarar a Lugo e A Coruña como uns dos sete destinos máis económicos de España para viaxar en xaneiro. 

Neste ránking recoñécense os lugares con prezos máis económicos ao tempo que se promoven as atraccións turísticas de cada destino. En Lugo, Trivago ademais de destacar o prezo económico dos seus aloxamentos, dun mínimo de 36 euros a noite, pon en valor o seu patrimonio histórico, a Muralla Romana, a igrexa de San Pedro, as termas romanas, a Ponte Romana e a fachada do Concello; así como a gastronomía e as tabernas.


Ademais de Lugo, atópanse nesta lista León, Coruña, Castellón, Lleida, Murcia e Badaxoz. Trivago   está inmersa nun proxecto para impulsar o turismo nos destinos con prezos máis adsequibles, entre os que se atopa Lugo. 

“Esta distinción servirá para reforzar o incremento de viaxeiros que recibiu Lugo no último ano, no que máis de 40.600 visitantes pasaron pola Oficina de Turismo Municipal, un 5% máis que o ano anterior, e súmase ao recoñecemento de Destino Recomendado 2014 que tamén lle outorgara Trivago a cidade”, asegurou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre.