Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia con Carlos Checa

A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu tradicional concerto de Reis. A cita este martes, 5 de xaneiro, ás 22:00 horas, no Auditorio de Galicia. Pola mañá, ás 11:00 horas, a orquestra realizará o ensaio xeral do concerto, que estará aberto ao público de forma gratuíta.

A cita musical comezará coa obertura de Il matrimonio segreto, do compositor clásico italiano Domenico Cimarosa. A continuación, a orquestra tocará a obertura de La scala di seta, de Gioachino Rossini, á que seguirá a obertura de Così fan tutte, do xenial Mozart. Logo, os músicos interpretarán un fragmento de Cavalleria Rusticana, de Pietro Mascagni.

A Real Filharmonía de Galicia achegará ademais ao público a obertura de Los esclavos felices, do compositor vasco Juan Crisóstomo de Arriaga, apodado o "Mozart español" ou o "Mozart vasco", debido ás grandes dotes musicais que presentaba xa dende neno. Os asistentes gozarán tamén de Salut d´Amour, de Edward Elgar, e da Suite Masques et Bergamasques, de Gabriel Fauré. O concerto concluirá con tres das danzas que compoñen Doces danzas españolas, de Enrique Granados, unha das súas obras máis coñecidas, inspirada en temas populares e arranxada para orquestra por Rafael Ferrer.

A batuta levaraa o prestixioso mestre catalán Carlos Checa. Inicia os seus estudios musicais aos seis anos. En 2001 obtén o título superior en Dirección de Orquestra coas máximas cualificacións no Conservatorio Superior de Música de Barcelona, a súa cidade natal. Especialízase ademais en Composición, Instrumentación e Pedagoxía Musical; e estuda piano, oboe e violín. santiagodecompostela.org