As asociación de turismo rural xestionarán a central de reservas

Turismo de Galicia asinou un convenio de colaboración cos presidentes da Federación Galega de Turismo Rural (FEGATUR) e das Asociacións Agatur, Agarimo e Pazos de Galicia. O obxectivo do convenio é dar continuidade ao servizo de reservas de aloxamentos de turismo rural de Galicia durante o ano 2016 dunha maneira máis competitiva.

Así, grazas a este acordo a coordinación e funcionamento do sistema de reservas de aloxamentos de turismo rural que viña xestionando Turismo de Galicia recaerá nas catro asociacións que neste momento agrupan os aloxamentos de turismo rural en Galicia.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou que o turismo rural constitúe unha das grandes fortalezas da nosa comunidade como destino ao contar con máis de 600 establecementos desta modalidade turística que superan as 7 mil prazas, dos cales, 50, contan coa certificación da Q de Calidade. Estas cifras converten a nosa comunidade na rexión con máis establecementos desta tipoloxía certificados a nivel estatal, atesourando o 49% do total de España.