Acordo de colaboración para a xestión do Dolmen de Dombate

O Concello de Cabana de Bergantiños e a Deputación da Coruña asinará nas próximas semanas un convenio de colaboración para a xestión do Dolmen de Dombate. O acordo traslada a xestión ao municipio e contempla a creación dunha comisión de seguimento do monumento.

O acordo para a xestión do Dolmen de Dombate acadouse tras unha xuntanza entre o responsábel da área de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, na que tamén se aprobou a creación dunha comisión política-técnica que estará composta por catro membros nomeados pola Deputación da Coruña, catro polo Concello e catro pola Xunta de Galicia que terán o labor de facer seguimento dos termos do convenio e das esixencias específicas de preservación e posta en valor dun monumento da singularidade do Dolmen de Dombate.
Con este convenio será o organismo municipal o que se encargue da xestión do monumento, é dicir, as visitas libres e guiadas mais o programa anual de actividades, acordes cos requisitos de conservación do Dolmen.

O Concello de Cabana presentou xa un programa de actividades para o presente ano que, segundo a Deputación, son coidadosas coa protección do dolmen e que comezarán en breve co inicio das visitas guiadas deste ano máis a mostra de fotos antigas “Inverno da memoria” que abrirá en breve no espazo expositivo anexo.