Aberta a inscripción para os establecementos coruñeses que queiran participar nas xornadas gastronómica do lacón con grelos do Entroido

O Concello da Coruña vén de abrir o prazo de inscrición para os establecementos da cidade que estean interesados en participar nunhas xornadas gastronómicas do lacón con grelos que coincidirán coa época do Entroido, en concreto, entre o 1 e o 21 de febreiro

O evento chámase Lacónicas. Xorrnadas gastronómicas do lacón con grelos- Entroido A Coruña 2016. O prazo de inscrición para que os establecementos poidan participar co seu menú finaliza o próximo 11 de xaneiro ás 14.00 horas. As bases de participación poden consultarse na web de turismo (www.turismocoruna.com). As solicitudes deben enviarse a xornadaslaconicas@gmail.com.

Segundo as bases das xornadas, nas mesmas poderán participar “establecementos de hostalería da cidade que, pola súa traxectoria profesional e proposta gastronómica, encaixen na temática das xornadas”. Os participantes poderán participar ofertando dous modelos de menú dentro das xornadas gastronómicas: o tradicional e o creativo.

Cada establecemento participante (admitiranse até un máximo de 30) participará nunha modalidade, cun único menú. Toda a oferta gastronómica será elaborada con produtos galegos e o prezo dos menús debe oscilar entre os 15 e os 30 euros (IVE incluído).

Até a metade dos establecementos participantes deben ofertar a modalidade de menú tradicional. As solicitudes atenderanse por orde de chegada. Máis información en http www.coruna.es/