2016

Defrontamos un novo ano -vixésimo primeiro, xa dende o pasado mes de xulio, para esta revista- e con elo unha anovada programación de eventos promocionais do turismo ós que HG&T ven prestando a decidida atención como se corresponde co compromiso inherente a súa cabeceira.

Foi un ano de aceptados resultados turísticos, en termos numéricos, pero sería necio autoatribuirse os positivismos estadísticos. Compre lembrar que boa parte dese pretendido éxito non é patrimonio da escasa e desorientada política da Xunta, senón o resultado do desvío dos fluxos turísticos propios do Mediterráneo, o acaparamento das prazas de sol e praia en España por parte dos comercializadores europeos na Costa do Sol e vecindades e, posto por tal motivo o turismo nacional no brete dun obrigado dos aires habituais vrancegos, acabar recalando “obrigadamente” na rexión máis barata entre as do norte, isto é, Galicia.

Esta é a crúa realidade, a razón certa e aritmética dun ano presentado pola propaganda política como marabillloso, e non da efectividade dunha acción da administración turística galega, lonxe -agás na promoción xacobea- de realista e efectiva e con perspectiva de futuro, máis ben caracterizada nestes últimos catro anos polo encefalograma plano, certo é, por enriba, que sin acicates e unha elemental esixencia desde entidades sectoriais que non deberán confundir un entendible espíritu de colaboración co poder, coa incumprida esixencia e papel de ente vixiante das acción políticas, asignatura pendente para o Clúster Turístico, esquencida xa a “desparecida” Cehosga. Cousas de cans cos mesmos collares, de intervencionismo político en entes que deberían ser puramente independentes das administracións.

Adoita ser máis efectivo o estamento local. E en boa parte das entidades de representación local -moitos concellos, deputacións, algúns consorcios- debería inspirarse a Xunta para abandoar tan pobre papel, tan irrelevante “autoridade” en materia turística. Entramos nun novo ano no que, tamén, toca anovar a Xunta de Galicia. Virá por tanto a oportunidade para que o sector turístico teña o respecto e o coñecemento ó seu servizo, que se corresponde coa súa participación no produto interior bruto do país, directamente por enriba do 11 por cento. Mentres,

HG&T, coma sempre, disponse a contribuir -inda que non se lle recoñeza neses estamentos- co seu gran de area, cada vez con máis grans de area ó pulo e motivación de Galicia como destino multiproducto. E este exemplar que teñen nas mans, a piques de acadar a edición douscentos, é unha ilusionante e cremos que incentivadora mostra de recursos e produtos do país galego, levados máis alá do país galego. Gardará vixencia e acadará presenza no decorrer do ano (eis a razón pola que predomina nesta ocasión o uso do idioma castelán sobre o galego) nos princiais eventos promocionais da Península Ibérica.