A agricultura ecolóxica galega supera os 31 millóns de euros de facturación

A facturación da agricultura ecolóxica de Galicia medrou un 20% o ano pasado e superouos 31 millóns de euros. A metade da produción véndese fóra de Galicia e Alemaña é o principal principal. Son algúns dos datos da memoria presentada estes días polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica, CRAEGA. 

Os datos son positivos. A agricultura ecolóxica en Galicia volveu medrar o ano pasado, facturando 31 millóns de euros fronteaos 26 do ano anterior.Polo que respecta a superficie inscrita no Consello ten un crecemento importante dende o ano 1997 no que se parte de13,35 hectáreasen toda Galicia. Dez anos despois, en 2007 a superficie supera as 10.000 hectáreas, e no ano 2014 a superficie acadou as 15.233 hectáreas cun incremento do 50% nos últimos 7 anos desde o 2007.

No primeiro cuadrimestre deste ano , a superficie medra pasando a ter inscritas 16.236,75 ha., representa un crecemento da superficie dun 6,59% en catro meses. Esto é debido, en parte as novas axudas para a agricultura ecolóxica, que puxo en marcha a Consellería do Medio Rural no mes de marzo de este ano.

Na presentación da memoria anual de Craega, que iste ano se leva a cabo por provincias coa pretensión de destacar os datos e a evolución provincial, taménse ven destacando o aumento de operadores inscritos, que xachegan a 703 entre produtores, envasadores e comercializadores. Á cabeza das producións por volume de negocio están o leite e derivados, seguidos da carne, os pensos, as conservas de peixe, os ovos e os froitos silvestres. Uns alimentos producidos sen química e co máximo respecto ao medio ambiente, que teñenunhaforte demanda, sobre todo no norte de Europa.

Malia as boas cifras, a superficie inscrita en agricultura ecolóxica é de 15.233 hectáreas, 438 menos ca no 2013, unha situación conxuntural, que se corrixirá no seguinteexercicio cando computen as últimas incorporacións. Precisamente naspresentacións da memoria, nas que participan o presidente José Antonio Fernández e o secretario do Consello, Javier García, incídeseno potencial de crecemento que aíndateñen este tipo de producións en Galicia e nasúacapacidade para atraer as novas xeraciónsao rural.

Naspresentacións fase dun sector "en auxe" que está no "bocamiño" pero con grandes retos por diante. O primeiro, fomentar o consumo interno destes alimentos con máis campañas informativas e logrando situalos tanto nastendaspequenas coma nas grandes superficies comerciais.

O CRAEGA recordou que o novo Plan de desenvolvemento rural 2014-2020 contacunhaliña de axudas específica para o fomento da agricultura ecolóxica.