
Os municipios presentes contarán cun
espazo expositivo situado nunha zona correspondente a súa ubicación real nestas
rutas xacobeas, no cal promocionarán entre os visitantes as súas propostas
turísticas. Aqueles concellos que non estean presentes contarán igualmente cun
indicativo da súa localización no Camiño.
Así mesmo, ao longo deste Camiño
Francés e esta Vía da Prata o público da feira poderá ver reproducións e
proxeccións de distintos atractivos localizados nestas dúas rutas, como
monumentos ou espazos emblemáticos. Sumaranse en diferentes ubicacións varias
exposicións relacionadas.
Por outra banda, este Camiño de
Santiago acollerá na súa Praza do Obradoiro moitas das actividades do programa
desta edición da feira. Deste xeito albergará exhibicións, demostracións e
degustacións dos distintos concellos participantes e das festas de interese
turístico presentes no certame, ademais doutras propostas con gran atractivo.
Para percorrer esta magnífica ruta
xacobea, que terá unhas dimensións de 5.500m² de extensión e conta co apoio da
Axencia Turismo de Galicia, a feira disporá de varios guías que acompañarán
durante a fin de semana a grupos de asistentes ao salón que así o desexen e
irán informándoos de distintos aspectos e particularidades.