Galicia, terra de soutos e castañas

A Consellería do Medio Rural e do Mar leva aprobadas actuacións de creación e recuperación de soutos de castiñeiros en máis de 400 hectáreas. Estas actuacións enmárcase dentro das axudas para o fomento de primeira forestación de terras non agrícolas e supoñen unha inversión por parte da Consellería de preto de 580.000 euros. A maiores, á convocatoria deste ano, que será resolta proximamente, a Consellería do Medio Rural e do Mar destinou 6,6 millóns de euros.

Sinalouno a conselleira do Medio Rural e do Mar durante a visita a unha plantación de castiñeiros situada no monte de Nogueira e pertencente á comunidade de montes de Santo Estevo de Anllo, do concello lucense de Sober. Durante a visita, a titular de Medio Rural e Mar destacou que este souto de castiñeiros constitúe un exemplo de posta en valor do noso monte, neste caso para a produción e a comercialización da castaña en Galicia.


A superficie que comprende a plantación é de máis de 12 hectáreas e está prevista para 1.247 plantas de castiñeiro híbrido inxertado. Ademais esta iniciativa comprende traballos de roza, de arreglo da pista, inxertado e fertilización, entre outros e contou cunha subvención da Consellería do Medio Rural e do Mar de máis de 16.000 euros.