A vendima de 2014, cos datos finais
aínda por pechar, vai ser en cantidade a correspondente a un ano medio, de
xeito que “non estaremos lonxe dos 60 millóns de quilos de uva recollidos”. Así
o sinalou o secretario xeral do Medio Rural e Montes, Tomás
Fernández-Couto, en resposta a unha pregunta na Comisión 7ª do Parlamento.
Fernández-Couto
indicou ademais que a calidade da uva é en xeral boa ou moi boa, malia as
importantes dificultades meteorolóxicas que houbo no período vexetativo e mesmo
no momento final da vendima, nas comarcas das Rías Baixas.
O secretario
xeral destacou a sinatura dos acordos nos sector nas denominacións de orixe
Rías Baixas e Ribeiro e a posterior homologación dos correspondentes
contratos-tipo para as campañas 2013, 14 e 15.