Trens turísticos con boa ocupación

A campaña dos trens turísticos posta en marcha por Turismo de Galicia, en colaboración coa empresa RENFE, pechou cun notable éxito ao rexistrar 2.002 viaxeiros e unha ocupación do 81,71%.

Dentro desta campaña, un total de 567 persoas empregaron a opción de aproximación o que supuxo o 28,32% dos usuarios deste servizo turístico. Esta opción permitiu que os viaxeiros se achegasen de xeito gratuíto ás estacións de partida dos trens turísticos desde A Coruña a Ferrol e Santiago, e desde Santiago a Ourense.

Este foi o segundo ano no que funcionaron os Trens turísticos de Galicia, unha iniciativa que promove un produto turístico de calidade e co aliciente de ser innovador e de resaltar outros produtos turísticos diferenciais e recursos que identifican ao territorio e poñen en valor algúns dos seus atributos máis singulares.