Armonías musicais do Ribeiro

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro acolleu aos 26 programadores musicais que se achegaron a Galicia con motivo da celebración da Mostra Internacional das Músicas do Mundo, WOMEX, organizada pola Xunta de Galicia e que se celebra do ata o 26 de Outubro en Santiago de Compostela.

O grupo de programadores chegou sobre as 11.30 da mañana a bodega Viña Mein, no val do Avia, onde foron recibidos polo xerente da mesma, quen lles mostrou o proceso de produción dos viños desta histórica bodega. Despois harmonizouse o viño branco Viña Mein co jazz elegante de Abe Rábade trío.

A comitiva desprazouse posteriormente a Adega Ramón do Casar, onde descubriuse a traxectoria e as características dos seus viños brancos, Ramón do Casar e Ramón do Casar Treixadura. Alí os programadores musicais degustaron una comida tradicional a base de polbo, carne ao caldeiro, e café de pote.


O artista Daniel Minimalia, acompañado con una formación composta por cinco músicos, ofreceu aos expedicionarios una actuación que serviu como sobremesa da visita. Posteriormente o grupo dirixiuse a Ourense onde ten ten previsto asistir a un concerto de Caxade e Cuarteto Caramuxo.