Nava Castro e o xerente do Xacobeo |
Coa
organización deste congreso, que é posible grazas a colaboración de Turismo de
Galicia, a Organización Mundial do Turismo e a Secretaría de Estado de Turismo,
os establecementos turísticos de Galicia e as súas cidades serán visitadas por
centenares de viaxeiros de todas partes do mundo. O Congreso que se celebrará
no Hostal dos Reis Católicos, conta xa con mais de 250 asistentes o que,
segundo explicou a directora de Turismo de Galicia, é unha boa testemuña do
interese xeneralizado desta convocatoria a nivel mundial que converterá a
Santiago de Compostela de novo na capital mundial do turismo e a Galicia nun
dos principais epicentros turísticos a nivel internacional.