Gaseoso

A estas alturas, cos dous terzos da lexislatura consumidos, vennos a Xunta anunciando de forma gaseosa (polo estoupido mediático, e pola falta de sustancia) a contratación -ainda- dun chamado plan integral de Turismo de Galicia en base a once grandes medidas que van da integración das institucións implicadas

especialmente no Camiño de Santiago (por aquelo de que a unión fai a forza, vaia manido descubrimento) ata a investigación e divulgación científica dos contidos xacobeos, pasando pola tarefa de delimitar e sinalar os camiños, a investigación e xeneración do coñecemento xacobeo, a previsiónde de publicacións de calidade científica, a atención ós periodos inter-xacobeos, e recheos argumentais así...

Como non podía ser doutra maneira -copiamos a coletiña tan repetida polos políticos cando van decir e queren xustificar o obvio- o plan ten, en realidade, dou plans, faltaría máis neste modelo de fume de carozo: un plan director e un plan estratéxico. Así que tranquilos, isto está en boas mans e ben pensado, diríamos

que, ademáis, totalmente innovador, a xulgar polo proceso que lle marcan os redactores do proxecto a concurso: “fase inicial de análisis” (isto chamase empezar con base, non polo tellado, vaiamos con tino).

De seguido, fase de “diagnóstico da situación” (traquilizador, sentémonos e pensemos, nada de apuros; outra de percebes, vexamos a situación despois da análise inicial, por analizar que non quede), e unha vez reanalizado todo o analizable, o plan deseñado polo goberno (bueno, é un decir...) do señor Feijoo*, pide
a quen redacte ese plan "concluir coa redacción de líneas estratégicas". ¡Qué listos nos sairon! ¡qué esforzo para chegar a esta fase final! ¡Ah, a estratexia!, que non falte a estratexia, despois dunha análise da situación, e como consecuencia, da fase de diagnóstico. Que sería de nós, do turismo galego, sen estas tres condicións, anclaxe e garantía do plan mediante o que Nava Castro pasará á historia da política galega como mente preclara, política decisiva, paladín do sector que move o 11 por cento do producto interior bruto -brutísimo, pura burbulla do país- galego...

A quen lle adxudiquen danlle 24 semanas (e 120.000 euros, gastaranos en horas extras) para redactar o plan, para decir que, non sabemos se tamén cómo, se debe facer. A Axencia Galega de Turismo, despois de tres anos valeiros, deixando por boa a quen lle precedeu... que xa é carreira, vennos con estas “novidades”.

A cousa é que se poidan vender promesas ata o 2021 (largo me lo fíais, que decía o clásico) que as eleccións están a tiro de pedra.


*Non falamos por falar. Este goberno practica unha política de propaganda e efectista, e ninguén rechista.
Fronte á nosa opinión, una opinión niste caso crítica sobre a ineficacia ou a inexistencia dunha política coherente e planificada, poñemos como exemplo un máis por ser o caso máis recente, a inauguración dunha vía rápida entre Goian e Tomiño. Cainos tanxencialmente esta encomenda coa nosa cabeceira -non tanto, as carreteras, as comunicacións, son eixe do desenvolvemento turístico- pero animámolos a preguntar qué resolve ese investimento de 600.000 euros. Nós ouvimos que o despilfarro, ou o despropósito, só aforra 3 minutos entre dúas localidades próximas, pola vella, o traxecto faise en seis; que máis dun quinquenio despois de iniciado o proxecto, as expropiacións están sen pagar, que…