A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana visitou
esta mañá ás instalacións da empresa Portomuiños, cuxa actividade se centra na
transformación e comercialización de produtos do mar de alta gama. Durante a
visita a conselleira destacou a aposta que Portomuiños fai en materia de I+D, con proxectos
vinculados á creación de novas receitas culinarias e ao aproveitamento dos
nosos recursos mariños.
Estes valores resaltados pola conselleira, e plasmados en
varios proxectos, foron os que levaron á empresa alimentaria a recibir preto de
400.000 euros, nos últimos tres anos, en concepto de axudas ao amparo do Fondo
Europeo da Pesca.
A empresa alimentaria que adapta os produtos do mar de alta
gama, como ourizos e algas aos novos formatos comerciais, ven de levar a cabo
unha reestruturación das súas instalacións coa finalidade de garantir a súa
competitividade. Nestes momentos Portomuiños está inmersa en varios proxectos
de I+D de creación de novos produtos a partir de algas e de novidosas receitas
culinarias de conservas.