Gala de entraga de premios en O Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro organiza este mércores 25 de xuño a gala de entrega dos seus Premios, unha cita que tamén servirá como presentación da nova añada e máis do seu novidoso plan de xestión e comunicación.

O Hotel Mosteiro de San Clodio (Leiro, Ourense) será a sede desta xornada, que comezará ás 12:30 horas e que reunirá destacados profesionais chegados de toda España, como adegueiros, distribuidores, almacenistas, divulgadores e prescriptores.

Josep Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca e divulgador das bondades dos viños do Ribeiro, recollerá o Premio "Persoeiro de Honra" desta edición e manterá un encontro cos xornalistas interesados dende as 16.00 horas.

As outras categorías nos Premios recoñecen: "Mellor tarefa de comunicación"; "Mellor servizo de viño en restaurante"; "Mellor tenda especializada - viñoteca"; "Mellor taberna - bar de viños"; "Mellor Viño Tinto"; "Mellor Viño Branco Colleiteiro"; e "Mellor Viño Branco de Adega".

A presentación da nova añada de viños do Ribeiro, co director técnico do Consello Pablo Vidal, é outro dos atractivos dunha gala que tamén servirá como punto de partida á nova campaña de comunicación desta Denominación de Orixe.

A D.O. Ribeiro aposta por dar un grande impulso aos seus viños, a través dun esforzo de comunicación e comercialización, que axude a que novos padais poidan gozar da calidade duns viños con raigame na tradición pero coas virtudes que buscan os afeccionados aos viños máis inquedos.


Diego López e o equipo de cociña do Hotel Mosteiro de San Clodio que lidera Carlos Migueiz maridarán os viños do Ribeiro con propostas gastronómicas; López (A Muiñeira, Lalín), foi recoñecido como "Cociñeiro do Ano" no último Fórum Gastronómico da Coruña.