O boi de mar a estudo

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación CETMAR organizou un taller de traballo con representantes das principais empresas comercializadoras e distribuidoras de boi de mar para darlles conta dos resultados do estudo de mercado que sobre o consumo deste recurso e dos seus derivados levouse a cabo en Europa dentro do proxecto ACRUNET-Rede Atlántica do Boi de Mar.

Nesta iniciativa, financiada pola Unión Europea, a fundación galega traballa xunto a catorce entidades e institucións de Francia, Reino Unido, Irlanda e Portugal dos ámbitos da industria, da ciencia e da administración, pretende como obxectivo global abordar os principais problemas aos que se afronta o sector do boi de mar -débil demanda, caída de prezos para os produtores, costos indirectos insostibles, promoción insuficiente-.

As conclusións dese estudo poñen de manifesto que os galegos son os europeos que máis consumen boi de mar e os que mellor coñecen o produto. A esixencia en canto a calidade do boi de mar é maior en Galicia que no resto dos mercados europeos, superando así aos dos principais países produtores, como é o caso de Irlanda, Francia e Escocia.