Nava Castro e Catalina González |
Turismo de Galicia e o Concello de Sanxenxo asinaron un
acordo de colaboración co obxectivo de realizar actividades de fomento do
turismo no territorio. Co obxectivo de manter este posicionamento do destino e
de incrementar as súas cifras de afluencia e satisfacción dos viaxeiros, o
acordo asinado hoxe inclúe actuacións como: a edición de material promocional
necesario para realizar accións de difusión; o reforzo do portal web do destino
www.turismodesanxenxo.co; a posta
en marcha de novas actuacións como Sanxenxo, degusta; que incluirá xornadas
gastronómicas, degustacións e cheques agasallo, así como o programa Sanxenxo,
degusta dulce e implantación de paneis informativos interactivos dos principais
recursos turísticos de Sanxenxo e outras plataformas dixitais para acceder a
través das novas tecnoloxías e teléfonos intelixentes.
Sanxenxo é o municipio con máis Bandeiras Azuis de España
nas praias e que conta tamén con distincións nos seus portos deportivos. Trátase,
ademais dun dos cinco Destino SICTED que temos en Galicia e conta con 79 establecementos distinguidos e
26 adheridos.