Inicio do curso no CSHG

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domíguez, inaugurou hoxe o curso 2013-2014 para os alumnos do Centro Superior de Hostalería de Galicia. No acto de apertura do novo ano académico estiveron presentes, tamén, a vicepresidenta de Responsabilidade Social Corporativa de NH Hoteles, Marta Martín; o vicerreitor de Titulacións e Persoal Docente e Investigador da Universidade de Santiago de Compostela, Jesús López Romalde, e mais a directora do Centro Superior de Hostalería de Galicia, Patricia Cuevas. Preto de 2.000 profesionais saíron xa deste centro e, dos 450 que hoxe inician o novo curso, proceden doutros países o 11,8% dos alumnos.

Ao longo destes anos de andaina, o CSHG ten acadado un importante prestixio académico, ao formar ós alumnos cunha metodoloxía que integra en cada curso as ensinanzas teóricas con prácticas que os alumnos realizan en establecementos hotaleiros de máis de 30 países e que contribúen a incrementar a súa formación así como a capacidade de internacionalización.

Por terceiro ano consecutivo o CSHG imparte o Título Europeo en Dirección Hoteleira Internacional grazas a un acordo de colaboración coa Universidade de Brighton, L’École de Savignac e o propoio CSHG. Por outra banda, esta mesma semana concluíra a segunda edición do International Master in Hospitality and Tourism Management 2013-2014, que se celebrou no centro e que rexistrou un gran número de alumnos procedentes de Francia, China, Romanía, Turquía o Bélxica que tiveron ocasión de aprender como se xestiona un restaurante e de deseñar un plan de negocio para levalo á práctica.