O IES de Foz gaña o concurso Cociñar con Ribeiro


O IES de Foz, coa receite “Solombo recheo de xamón sobre salsa de manteiga e pan de verduriñas, froitos secos e viño tinto do Ribeiro” foi a gañadora do concurso "Cociñar con Ribeiro", que se celebrou co gallo da L Feira do Viño do Ribeiro.

Por outra banda, os gañadores da Cata Popular desta quincuagésima edición da Feira do Viño do Ribeiro foron os seguintes:

VIÑOS BRANCOS DE ADEGAS: 1º premio: Divino Rei 2012, de Castro Rei S.L.
VIÑOS BRANCOS DE COLLEITEIROS: 1º premio: Cuñas Davia 2012, de Adegas Valdavia, S.L.; 2º premio: Leive Paradigma 2012, de Adegas Áurea Lux S.L.
VIÑOS TINTOS: 1º premio: Viña do Campo 2012, de Bodegas Docampo, S.A.; 2º premio: Preto de Leive 2012, de Adegas Áurea Lux, S.L.

Noutro orden de cousas, mañá arranca a sétima edición da Feria Nacional del Vino, Fenavin 2013, o salón referente do viño español que ata o vindeiro xoves 9 de maio acolle en Ciudad Real a oferta do sector vitivinícola. O C.R.D.O. Ribeiro acude a esta mostra cun stand propio de 70m2 con representación das adegas Antonio Montero, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Peña, Finca Teira, Lagar do Meréns, Terra do Castelo e Viña Mein. Consello e adegueiros traballan nestes días na promoción da D.O., así como na procura de acordos comerciais cos máis de 700 compradores que dende mañá visitarán o recinto feiral.

Nada en 2001 e de carácter bienal, Fenavin posiciónase como unha das feiras de referencia no territorio nacional, acadando na edición pasada os 30.000 m2 e preto de 1.200 adegas expositoras.