Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia: 40 finalistas aspiran aos Premios HG&T-AGAXET

Asistentes a la Gala, el año pasado

A Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia, que acada a súa XV edición, volverá celebrarse por segundo ano consecutivo no Teatro Principal de Pontevedra (detrás da casa do Concello, a 50 metros dos aparcadoiros da Alameda e a menos de 200 do da Praza de Abastos), a partir das 19 horas do martes 14 de maio.

Trátase do evento de máis ampla convocatoria e proxección intersectorial en Galicia, na súa condición, acreditada ao longo destes quince anos, de punto de encontro dos subsectores concomitantes no binomio hostalería e turismo, representadas no acrónimo da revista que o creou, HG&T.

A Gala comezará co acto de entrega dos Premios HG&T-AGAXET, os galardóns que poñen de relevo os protagonismos e actividades vips no decorrer de cada ano. Estes premios concrétanse nos pergameos de Nominados, que serán proclamados de entre os finalistas (corenta son os aspirantes ás Nominacións HG&T-AGAXET).

Os finalistas distinguidos coa Nominación por parte do gran xurado intersectorial (que ven a ser os Premios HG&T) optan, por tal condición, á medalla Dagda –a divindade Celta que gardaba a marmita da abundancia–, outorgada exclusivamene polos votos dos membros da Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo (AGAXET) participantes no xurado. Este acto académico remata coa entrega dos premios extraordinarios que dá a redacción de HG&T, outorgados este ano a Jóvenes Restauradores de España e á Irmandade dos Viños Galegos.

Despois deste acto académico, que será presentado pola actriz Uxía Blanco (Sempre Xonxa), a festa continuará na rúa-praza de Tetuán, contigua ao Teatro, punto de encontro gastronómico con relevantes contribucións sólidas e líquidas. A Gala, orientada a concorrencias eminentemente profesionais, concita a presenza de máis de cincocentas representacións da hostalería, os axentes turísticos, as empresas de subministracións, as administracións e os recursos humanos.

Os finalistas que optan á nominación, un máximo de tres en cada categoría, e os apartados resultantes son os seguintes:

PROMOCION E MARKETING


Real Abadía de Samos.
Feria Taurina de Pontevedra
Unipublic (Vuelta Ciclista a España)
Festa do Marisco de o Grove
Feira do Viño do Ribeiro

IMAXE INTERSECTORIAL E DIVULGACION
Programa 'Cocineros Sin Estrella' (J. Ribagorda, TeleCinco)
Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal (Paco Gil)
De Bares (Voz Audiovisual)
Abecedario de Mantenzas (Fausto Galdo)

I+D e FORMACION



Invertigación Unicla (Feiraco)
Innolact, derivados lácteos
Innter Gal-Eno, (Martín Códax e 5 adegas)
José Vicente Gómez, formación desde Amaiga

ACERVO PATRIMONIAL

Monte Santa Tegra, (Paisaxe Cultural Europeo)
Monte Ridimoas, (Pablo Rodríguez)
Museo Etnográfico-Gastronómico de Quiroga
Droguería Moderna, Pontevedra

PROXECTOS / INICIATIVAS EMPRESARIAIS

Resort Las Sirenas (Viveiro)
Turoperador Mas Costas Galicia
Grupo Don Pepe (Vigo)
Panadería Divina. (Santiago)

EQUIPAMENTOS E SUMINISTROS


Migan
Disgobe
Vendisfrig
Aceites Abril

PROFESIONAIS DO ANO



Yago Castrillón. Acio
Nacho Costoya. Maitres
Javier Olleros. Rest. Culler de Pau
Carlos Parra. Restaurador


BOCADOS DO ANO

Cebreiro Santo André
San Simón de Crisanto
Lacón con Grelos de Embutido Lalinense
Conservas-Depuradora Daporta


BEBIDAS DO ANO

Cerveza 1906 Red Vintage
Vía Romana Barrica
Sidra Ribela
Alma de Reboreda


NOMINACIONS EXTRAORDINARIAS

Jóvenes Restauradores de España
Irmandade dos Viños Galegos (Na memoria de Pepe Posada)