Buscar/Hemeroteca

Cargando...

jueves, 16 de agosto de 2012

Galicia triunfa en Lorient

Máis de 30.000 persoas pasaron polo stand institucional instalado pola Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo na 42 edición do Festival intercéltico de Lorient (Francia) que se celebrou nesta cidade da Bretaña francesa ao longo de dez días da primeira quincena do mes de agosto. Destas máis de 30.000 persoas, arredor de 16.000 solicitaron información turística concreta sobre a Comunidade Autónoma galega, mentres que o servizo de restauración con produtos galegos instalado por Turgalicia recadou preto de 50.000 euros.

Neste evento, a Xunta de Galicia instalou un pavillón de 200 metros cadrados de superficie no que se promocionaron os recursos e os produtos turísticos e culturais máis salientables da Comunidade galega, potenciando Galicia como un destino turístico diferente, con personalidade propia, entre milleiros de persoas que cada ano visitan este evento, especialmente procedentes dos países celtas de Francia, Gran Bretaña e España.