O Consello Regulador da Denominación de
Orixe Ribeiro organiza ata o xoves 21 (día da entrega dos Premios D.O. Ribeiro
no Mosteiro de San Clodio) unha misión inversa de 11 xornalistas e blogueiros
nacionais, entre os que se atopan medios madrileños, así coma valencianos,
cataláns ou andaluces. O programa da visita dá comezo este martes coa
participación dos mesmos na fase final da Cata Oficial. Posteriormente, farán
un percorrido por diferentes adegas da Denominación de Orixe onde probarán os
diferentes viños do Ribeiro con produtos típicos galegos.
Entre os participantes nesta actividade
destacan Jesús Flores (aulavino.com), María Navarro (taninotanino.es), Paco
Higón (Verema), Santiago Jiménez (Selectus Wines) o Antonio Jesús Pérez
(akatavino.com).
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada