O Xacobeo participou no III Encontro Internacional de Peregrinos


O Xacobeo vén de estar presente na terceira edición do Encontro Internacional de Peregrinos que, nesta ocasión, se celebrou en Sevilla. Este evento conta co apoio de moitas asociación nacionais de peregrinos, como as de Jaca, Albacete, Requena ou Lugo e tamén de moitas asociacións estranxeiras como as de Arxentina, Italia, Holanda ou Alemaña.

Este ano, a reunión involucrouse coas causas solidarias e deu espazo nas presentacións e conferencias a moitas das causas que na actualidade se están desenvolvendo arredor do Camiño de Santiago como O Camiño dos Satélites, presentado por Enrique Varela; Un Camiño solidario por Lorca, presentado por Manuel Lara; Cen quilómetros pola fibrose quística, presentada por Alfonso Iglesias; BiciAventura Solidaria, de Antonio Henares; DisCamino Solidario, de Javier Luque; Trace My Way, de Heri Lettelier; ou En ti hay Camino, de Milagros García.