O vicepresidente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, amosase confiado en que o sector turístico na provincia siga aguantando ben a crise como o está facendo ata o de agora e asegurou que “se se aguanta o sector en torno ao 60% de ocupación sería unha boa noticia”.
Aínda que indicou que o obxectivo é situarse entre o 65 e o 70% de ocupación, nos tempos actuais “hai que ser realista” e valorar como positiva unha ocupación media para os meses de xuño a setembro do 60%, o que indicaría que o sector está resistindo ben.
Malia todo, Figueroa asegurou que “hoxe non se pode valorar unha temporada única e exclusivamente por ocupación”, xa que hai que valorar a súa incidencia económica e iso faise tendo en conta “ocupación máis gasto medio por turista”, e este segundo está baixando con motivo da crise.
No hay comentarios:
Publicar un comentario en la entrada